Correspondentes2015

Correspondentes2015 on PhotoPeach

Intercambio xuvenil a Xapón

“A Xuventude no mundo” edición 2014: intercambio xuvenil a Xapón

Iniciativa xove

É un programa que se pon en marcha dende a DXXeV, que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.
As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.
Estes proxectos irán dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver dende o 1 de xaneiro ao 14 de outubro.

http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Campos de traballo no extranxeiro


Oferta campos de traballo internacional

Máis información

Campos de traballo

Acción de verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.


Cursos de idiomas no extranxeiro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2014.

Máis información

Xuventude Crea 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.

Máis información